55 anos da liturxia en galego (1969-2024)

55 anos da liturxia en galego (1969-2024)

Apagar luz
Siguiente Automático
Más
Reportar

Reportar


Descripción:

Silvestre Gómez, comisario da exposición «55 anos da liturxia en galego (1969-2024)»

O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, participou hoxe na apertura da exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024), impulsada pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Mons. Prieto destacou que a Palabra de Deus non é unha Palabra restrinxida, limitada, ou acotada, senón que “é unha Palabra que chega ao corazón dos homes naquela lingua no que os homes entenden e se falan”.

O arcebispo afirmou que “a lingua fala do que somos cada un de nós, do que somos como persoas, como familia e como pobo. Polo tanto, falar da liturxia en galego é falar desa lingua”. E engadiu que “as linguas son compañeiras da historia dun pobo e fala dese pobo ao longo dos séculos e desas crenzas e do que significan esa opción e ese horizonte transcendente na vida das persoas».

Participaron neste acto, que acolleu o Mosteiro de San Martiño Pinario, Silvestre Gómez, comisario da exposición; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.